As Exaltacións Gastronómicas de maio dan protagonismo a Ternera Gallega Suprema, os Grelos de Galicia e o Queixo do Cebreiro

O presidente de APEHL, Cheché Real; o deputado de Turismo, Eduardo Vidal; e representantes de varias entidades gastronómicas, no anuncio da xornada de Exaltación Gastronómica do mes de maio. (Foto: APEHL)

Medio cento de establecementos lucenses participan na xornada de maio do ciclo Exaltacións Gastronómicas, unha programación posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) en colaboración coa Deputación de Lugo.

DEGUSTACIÓNS DE CALIDADE
Este ciclo busca «dar a oportunidade, tanto aos veciños como aos visitantes, de gozar da nosa boa materia prima, elaborada e servida polos nosos excelentes profesionais». Así o explicou o presidente da APEHL, Cheché Real, na presentación desta nova xornada do ciclo gastronómico. A iniciativa adica o mes de maio á promoción da Ternera Gallega Suprema, os Grelos de Galicia e o Queixo do Cebreiro.
O turismo gastronómico estase a configurar como un elemento en alza, tal e como explicou o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, presente no acto. Deste xeito, tamén se pon en valor «a excelente gastronomía lucense» mediante a degustación de produtos avalados con selos de calidade.
Na zona sur, participan os establecementos chantadinos Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, de Monforte; Rectoral de Castillón, de Pantón; Sabe, do Páramo; Parrillada Casa Torres, de Quiroga; e Ponte Ribeira, de Sarria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga estreouse como sede de competición provincial e autonómica de voleibol

Seguinte Nova

A reforma do edificio dos xulgados de Chantada permitirá un aforro enerxético do 20%

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss