O pasado 16 de maio, a exposición itinerante “Viña Sacra” recibiu a visita dos escolares do CEIP Xosé Taboada, de Carballedo. A mostra, instalada no edificio municipal de A Barrela, é o resultado do II Concurso Fotográfico Christina Snellman, que organizou recentemente a Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada. Cristina de la Torre, membro deste colectivo, achegou aos escolares de Primaria a estas mostras de creatividade, e animounos a participar na categoría escolar da vindeira edición do concurso.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao trasladou ao Concello a necesidade de instalar marquesinas en tres paradas
O sindicato sinala que a empresa monfortina do sector do automóbil deixa a 12 traballadores sen
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar