O Parlamento instou á Xunta a contratar este ano os proxectos para o desdobramento do corredor entre A Pobra e Nadela

A deputada autonómica do PP, Julia Rodríguez, e o deputado provincial José Antonio García, na valoración da iniciativa do Parlamento para o corredor de Sarria. GPXG

A Cámara galega aprobou, a mediados de maio, unha proposición non de lei promovida polo Partido Popular para que o Executivo autonómico contrate este ano os proxectos para desdobrar o tramo do corredor ente A Pobra de San Xulián e Nadela.

O TRAMO ENTRE A POBRA E SARRIA, O QUE MÁIS NECESITA A AMPLIACIÓN
A deputada do PP, Julia Rodríguez, precisou que a Xunta iniciou os traballos de desdobramento de 10 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria «porque é onde se detectou que hai máis necesidade» desta ampliación do corredor, por tratarse «dun tramo cunha orografía complicada, con pendentes pronunciadas que reducen a velocidade do vehículo, e diminúen considerablemente a posibilidade de adiantamento».
A deputada monfortina no Parlamento galego lembrou que o obxectivo da Xunta é licitar «este mesmo ano» as obras de conversión en autovía deste tramo, cun investimento de preto de 23 millóns de euros.
Julia Rodríguez salientou que a Xunta ten no horizonte a conversión en autovía de novos treitos, ata completar a totalidade do trazado entre Lugo e Monforte. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

16.200 euros en tarxetas regalo na campaña «Días Azuis do Comercio Galego»

Seguinte Nova

A Xunta anunciou que licitará o Plan Ribeira Sacra para «unha correcta e eficiente planificación» cara a ser Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss