O equipo Korbis Mermelada La Artesana disputará o Campionato de España de Voleibol do 11 ao 16 de xuño. Os cadetes do club monfortino lograron a clasificación para a proba que se celebrará en Castellón o mes que vén, logo de quedar segundos na final do Campionato Galego, que tivo lugar en Boiro a mediados de maio. Dende o club destacaron “a constancia e o esforzo” dos rapaces, que se mantiveron toda a liga nos dous primeiros postos.