•A edición número 21 de Artelemos ofrecerá de novo obradoiros infantís e demostracións
A artesanía terá unha nova cita en Monforte no mes de agosto. Nos días previos ás Festas Patronais, a rúa Cardeal acollerá a 21ª feira Artelemos, na que se amosarán os traballos das diferentes especialidades artesanais.
24 POSTOS INDIVIDUAIS
Un total de 24 postos, máis a caseta de información, constituirán o corpo do espazo feiral. O punto informativo servirá tamén de recinto para os obradoiros infantís e as demostracións en directo.
A disposición das casetas buscará, segundo explicaron dende o Concello, que o percorrido pola feira sexa máis dinámico. Cada tres ou catro casetas individuais habilitarase un pasillo, que estará cuberto por sombrillas triangulares.
Os postos estarán abertos de once a dúas, pola mañá, e de seis da tarde ás dez da noite.•