Ata o 29 de xuño está aberta no Círculo Saviñao a exposición cos traballos máis recentes de Maximiliano López. O pintor lucense volveu á sociedade recreativa de Escairón cunha nova serie de traballos, que reúnen obras pictóricas e debuxos. López combina na mostra diferentes técnicas, con resultados espectaculares en óleo, acrílico, grafito e técnica mixta.
No Círculo Saviñao seguen de cerca o traballo de López, que leva realizando exposicións nesta sede dende 2005.•