
O Grupo de Teatro do IES A Pinguela ofreceu para os seus compañeiros unha función de fin de curso. O alumnado de ESO do instituto monfortino desfrutou da representación, a cargo dos seus compañeiros de aula, da obra «Lingua de Lata», escrita por Francisco Oti e Julio Fernández.
A formación teatral, coordinada e dirixida por Paqui Abeledo, levou á escea unha obra chea de valores como a amizade e o respecto ao medio ambiente, ademais de poñer en valor a imaxinación como instrumento indispensable para comprender e entender o mundo e as relacións humanas. •