Daniel Pérez Díaz proclamouse subcampión de España junior de billar en bola 8 e 9

•Arrancará a vindeira tempada como nº1 do ranking para optar ao Campionato de Europa

Daniel Pérez acumula 10 medallas en campionatos galegos e nacionais. (Foto cedida: T.P.)

O billarista Daniel Pérez Díaz vén de engadir dúas novas medallas nacionais ao seu exitoso palmarés. O mozo pantonés logrou dúas medallas de prata no Campionato de España junior de bola 8 e bola 9, que se celebrou na Coruña o 17 de xuño. Con este rexistro, Pérez suma un total de 10 medallas de nivel galego e nacional, e a piques de estrearse en competición internacional na vindeira tempada.

AO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO
Este dobre subcampionato de España supón para Daniel Pérez a culminación dunha tempada que foi «mellor cas outras», aínda que ninguén lle regalou nada. «Sinxela non foi, porque o pase ás semifinais é complicado», afirma o pantonés, vinculado dende os seus inicios ao Club Billar Templarios de Monforte de Lemos. Ademais destas dúas pratas nacionais, o de Pantón arañou éxitos en Galicia, participando en varias finais de copas. Con este bo sabor de boca, e antes de ir de vacacións, Daniel Pérez ten un novo reto ás portas. Do 1 ao 7 de xullo, participará nos Campionatos de España absolutos, que son «distintos», afirma, xa que «depende dos rivais», aínda que o pantonés non dubida en marcarse como obxectivo «entrar no cadro final» da competición.

MIRANDO A EUROPA
Para o seu último ano como junior, Pérez afronta o máximo desafío da súa carreira deportiva no billar. Como subcampión de España, e posto que o primeiro clasificado xa sae da categoría por idade, Daniel arrancará a vindeira tempada como número 1 no ranking nacional, coas máximas opcións para ir ao Campionato de Europa. «Representar a España sería o máximo, pero hai que ir pouco a pouco, e ver como vai a tempada», comenta.
A proba europea sería un gran colofón para un deportista que se iniciou no billar aos 5 anos, da man do seu pai, nunha disciplina que esixe «paciencia, ir despacio e moito esforzo». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte prepárase para acoller en setembro o Campionato Galego de Ciclismo Fondo en Estrada

Seguinte Nova

Merluza do pincho de Burela, carne de ovella galega e castaña de Galicia, protagonistas das Exaltacións Gastronómicas do mes de xuño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss