Monforte suma unha nova empresa de produtos de vacún, que creará 25 postos de traballo

•O proxecto empresarial, ubicado no polígono do Reboredo, supón un investimento de 2 millóns de euros

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañou ao empresario Jesús Hernández , na presentación do seu proxecto empresarial Gallaecia Delicatessen, o 25 de xuño. GPCM

O novo proxecto do empresario Jesús Hernández Bleda ten como sede o polígono do Reboredo, e creará en Monforte un total de 25 empregos directos. Así o afirmou o responsable da iniciativa Gallaecia Delicatessen, nunha roda de prensa celebrada no Concello de Monforte, e na que estivo acompañado polo alcalde, José Tomé. «É a primeira empresa deste nivel de inversión, e deste nivel de creación de emprego que se instala de novo no Polígono Industrial do Reboredo en moitos anos”, afirmou o rexedor local, en referencia aos 2 millóns de euros que está previsto investir Hernández.
PEZAS DE CARNE DE VACÚN DE PRIMEIRA
Segundo precisou o empresario, Gallaecia Delicatessen está adicada á transformación e comercialización de produtos relativos ao despece de carne de gando vacún, «só gando autóctono galego, pezas nobles, pezas extras, pezas de primeira e elaborados», apuntou.
Hernández Bleda, de orixe catalán pero afincado en Bóveda, indicou que a empresa está a funcionar xa no Reboredo, nunha superficie de 1.800 metros cadrados para a zona de operacións, máis outros 500 metros de oficinas e almacéns. Na actualidade, a planta xa dá emprego a media ducia de persoas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Seoane estreará en xullo a primeira Xornada de Turismo Científico para o público en xeral e profesionais do sector

Seguinte Nova

Unha trintena de representacións do programa de teatro Buxiganga para o sur de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss