O taekwondo monfortino vén de poñer un broche de ouro a unha tempada «histórica», en palabras de José Mª Vega, técnico da selección galega e director deportivo do club Neka de Monforte. Un total de 31 medallas foi o resultado dos de Vega no Torneo Cidade de Ourense de técnica e freestyle, que se disputou o 22 de xuño. A proba ourensá culminou unha tempada de éxitos, no que o Neka logrou medallas europeas e participar no Campionato do Mundo.
MEDALLEIRO
En técnica individual, subiron ao podio no Torneo de Ourense Alex Camba, Laura Álvarez, David Rivelo, José Manuel Ojea, Lúa Abeledo, David Fernández e Alba Díaz, todos con medalla de ouro; houbo prata para Daniel Areán, Aitor Teijeiro, Héctor Moure, David Poyán, Alicia Vega, Daniela Díaz e Alejandro Brandariz. Os bronces corresponderon a Karla Novo, Marco García, Carlos Rey, Elena Varela, Lucía Roca, Inés Casal, Nicolás Lage, Mateo Fernández, Manuel Calvo, Jane Mazorra e Ainhoa Dacuña. En parella, acadaron ouros Karla Novo e Daniel Areán, e Laura Álvarez con Marco García, mentres que Lucía Roca e Aitor Teijeiro lograron bronce. En trío, foron ouro José Roca, Carlos Rey e Álex Camba. En freestyle, conseguiu ouro a parella formada por Alex Camba e Elena Varela, e bronce Laura Álvarez.
O Neka foi vencedor na xeral, acadando o primeiro posto por equipos no ranking, e segundo en categorías non puntuables. •