Unha trintena de representacións do programa de teatro Buxiganga para o sur de Lugo

Arrancarán no mes de xullo, e prolongaranse ata novembro

Cartaz promocional da nova tempada do programa teatral Buxiganga, que organiza a Deputación. GPDL

A Deputación de Lugo vén de anunciar a programación do Buxiganga, a iniciativa de teatro afeccionado que leva representacións teatrais a todos os recunchos da provincia de Lugo.

12 FUNCIÓNS DE TEATRO NA COMARCA DE LEMOS
Este ano, a nova edición do Buxiganga inclúe 30 funcións en 16 municipios do sur. Na comarca de Lemos, todos os concellos repartiranse unha ducia de sesións, de agosto a novembro. Bóveda será o concello con máis funcións, ata tres, os días 10, 17 e 24 de novembro. Pola súa banda, Monforte acollerá dúas sesións, o 26 de outubro e o 16 de novembro. Así mesmo, o Buxiganga levará o teatro a Pantón o 27 de outubro e o 3 de novembro.
Na Pobra do Brollón, a única sesión do programa neste concello desenvolverase o 3 de agosto. No Saviñao, haberá funcións do Buxiganga o 10 e o 24 de novembro. Por último, en Sober o calendario teatral prevé dúas sesións, o 26 de outubro e o 16 de novembro.
5 SESIÓNS DO BUXIGANGA NAS TERRAS DE CHANTADA
Taboada acollerá dúas actuacións, o 4 de agosto e o 21 de setembro. En Carballedo, poderase desfrutar do teatro o día 7 de setembro e o 26 de outubro. A única sesión programada en Chantada terá lugar o 9 de novembro.

OUTRAS 5 FUNCIÓNS NA COMARCA QUIROGUESA
En Ribas de Sil, o programa Buxiganga da Deputación achegará o teatro o 26 de outubro e o 16 de novembro. En Quiroga, haberá representación o 9 e o 30 de novembro. Así mesmo, en Folgoso hai programada unha sesión para o 26 de outubro.

8 FUNCIÓNS EN 4 CONCELLOS DA COMARCA DE SARRIA
Sarria concentra catro funcións, o programa máis extenso de todos os municipios do sur lucense. O 7 de xullo terá lugar a primeira representación, e a seguinte será despois do verán, o 28 de setembro. O 19 de outubro, haberá dúas sesións, unha ás cinco da tarde no colexio Frei Luis de Granada, e outra ás nove da noite no local social de Louseiro.
No Incio, o teatro do Buxiganga chegará o 28 de setembro e o 27 de outubro. En Láncara, a actividade teatral concentrarase nunha única sesión, o 7 de setembro, e en Triacastela, haberá función o 2 de novembro.
O plantel de compañías de teatro afeccionado que representarán as obras do Buxiganga inclúen varias agrupacións do sur lucense. A compañía chantadina Argalleiras Teatro levará a obra «O feitizo» a Baralla, Sarria e Foz. A tamén chantadina Faro-Miño representará «Sintrón nin son», en A Pobra do Brollón, Baleira e Barreiros. O grupo de teatro de San Clodio Augas do Sil representará «Princesa busca pretendente», en Foz, Folgoso e O Incio. O grupo monfortino Viraventos achegará «Sucesos» a Bóveda, Monforte e Foz. Rebuldeira Teatro, de Sarria, representará «Delicadas» en Foz, Sober e Lugo. A formación Sacarina de Chantada levará «Madialeva» a Taboada, Ribas de Sil e Friol. Teatreiras de Monforte porán en escea «Pros e Contras», en Sarria, Monforte e Foz. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte suma unha nova empresa de produtos de vacún, que creará 25 postos de traballo

Seguinte Nova

O club Neka remata unha «histórica» tempada con 31 medallas no Torneo Cidade de Ourense de taekwondo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss