A Asociación Amigos do Folión de Carros celebrará en agosto o seu 30º aniversario afondando na singularidade deste evento

O programa das III Xornadas do Folión de Carros deuse a coñecer o 8 de xullo, nun acto no que estiveron representantes desta asociación, ademais do alcalde de Chantada, Manuel Varela, e a deputada de Cultura en funcións, Pilar García. GPDL

A Asociación Cultural Amigos do Folión de Carros cumple 30 anos. Para celebralo, os responsables deste colectivo chantadino organizarán en agosto unha serie de actividades para reflexionar sobre os valores como patrimonio inmaterial desta festa, unha das señas de identidade da vila do Asma.
Aproveitando a edición anual das Xornadas do Folión de Carros, que este colectivo organiza por terceiro ano consecutivo, diversos profesionais falarán en Chantada sobre a etnografía, o patrimonio e o desenvolvemento na Ribeira Sacra.

DESFILE DE CARETAS DE REINOSA
A xornada cultural, que terá lugar o 17 de agosto no Auditorio Municipal de Chantada, contará coa participación de 15 persoas vinculadas a esta temática. Ademais, haberá tres mesas redondas para analizar festas de características similares en León e Cantabria. A xornada culminará cun desfile de caretas de Reinosa.

DOCUMENTAL HISTÓRICO E HOMENAXE AOS FUNDADORES
A xornada, que presentará Laura Vázquez, vai incluir a proxección do documental sobre o Folión que Miguel Carbonell realizou en 1983, ademais dunha homenaxe aos fundadores desta asociación cultural.

APOIO DA DEPUTACIÓN
A Asociación Amigos do Folión de Carros de Chantada conta co apoio da Deputación de Lugo, que realiza unha achega anual para actividades como a exposición sobre a festa, a restauración de carros, ou a exhibición de artesanía no día do Folión.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Trens Turísticos de Galicia estrean unha nova Ruta polos Camiños de Santiago

Seguinte Nova

80 golfistas de 17 países participan en Pantón no Torneo Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss