Sarria continúa a divulgar a súa tradición xurídica, reunindo cada ano aos principais expertos en materias vinculadas ao dereito. As Xornadas Xurídicas, que acadaron a súa décimo terceira edición, centráronse desta volta nos dereitos humanos.
PERSPECTIVA INTERNACIONAL E DENDE A DIVERSIDADE
Do 5 ao 6 de xullo, a Casa da Cultura acolleu mesas redondas, ponencias e debates sobre aspectos como o papel do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, a trata de seres humanos na España actual, ou os dereitos humanos das persoas con discapacidade.
Este novo ciclo de sesións abriuse coa intervención do presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González, e a presidenta do Consejo de Estado, María Teresa Fernández de la Vega, centrou a intervención de clausura.
As Xornadas Xurídicas arrancaron hai trece anos por iniciativa do sarriao Román García Varela, maxistrado do Tribunal Supremo falecido en 2013. Dende entón, tomou o relevo na organización o seu fillo, o letrado Román García-Varela Iglesias. •