Pantón, protagonista da axenda enolóxica coa entrega dos premios da XXV Cata dos Viños da Ribeira Sacra

José González, conselleiro do Medio Rural, achegouse a Pantón para a entrega dos galardóns da XXV Cata dos Viños da Ribeira Sacra, o 5 de xullo. GPXG

O Consello Reguladorda Ribeira Sacra entregou en Pantón os premios aos 8 mellores viños da XXV Cata desta Denominación de Orixe.

11 CATADORES
Os galardoados nesta edición, que rematou cun xantar o 5 de xullo no Balneario Oca Augas Santas de Pantón, foron escollidos de entre os 67 que se presentaron, por un panel composto polos catadores Víctor Cortizo Fontán, Humberto Loureiro Argullós, Ana Mª Martín Abild, Mª Isabel Mijares e García de Pelayo, Estrella Gabriel Rodríguez, Miguel Ángel Martín, Francisco Sauco Sánchez-Casas, Manuel Ángel Capote Pérez, Waldo Carreiras Albo, José María Martínez Alonso e Adela Richer Moreno-Luque.

17 BRANCOS
No acto, que estivo presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González, recibiron premio os blancos Abadía da Cova, de Adegas Moure; As Glorias, de Adegas Amedo; e Viña Vella, de SAT Virxe dos Remedios. Neste panel, competían un total de 17 viños blancos.

32 TINTOS
Entre os tintos, dun total de 32 viños presentados, os galardoados foron Cruceiro, da adega Ramón Marcos Fernández; Abadía da Cova, de Adegas Moure; e Casa Moreiras Selección, da adega Casa Moreiras.
DÚAS MEDALLAS DE OURO PARA OS VIÑOS DOUTRAS AÑADAS
Na modalidade de outras añadas, competiron 18 viños, e o panel de catadores decidiu conceder dúas medallas de ouro, por ter superado a cifra de 14 participantes. Deste xeito, os galardoados foron Capador, un viño tinto summum de barrica do 2017, da adega Manuela Valdés Pérez, e Sollío, un mencía de barrica do 2017, da adega Juan Alberto Álvarez Rodríguez.

FELICITACIÓNS AOS ADEGUEIROS
Durante a entrega dos premios da cata, o conselleiro do Medio Rural, José González, felicitou aos máis de 2.300 viticultores, e ás 94 industrias que están vencelladas á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, “polo bo traballo, o esforzo e a dedicación para conseguir uns viños de recoñecido prestixio”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober conmemora este mes os 150 anos da Banda de Música

Seguinte Nova

A Deputación comezou os traballos de desbroce en 17 concellos lucenses

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: