Preto dunha trintena de participantes na primeira Xornada de Turismo Científico no Courel, organizada pola Deputación

O deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal, no arranque da I Xornada de Turismo Científico, celebrada na Estación Científica de Seoane do Courel o 6 de xullo. GPDL

A potenciación das Montañas de Ancares-Courel como un destino de turismo sostible e especializado centrou a primeira Xornada de Turismo Científico, celebrada o 6 de xullo no municipio de Folgoso do Courel.

TURISMO E CIENCIA
Este encontro, promovido pola Deputación de Lugo, xuntou na Estación Científica de Seoane a preto dunha trintena de profesionais de diferentes áreas, como a bioloxía, a xestión turística e a protección do medio ambiente.
«BO ESPAZO PARA INTERCAMBIAR COÑECEMENTOS ENTRE PROFESIONAIS»
No arranque da xornada, o deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal, explicou que a Deputación «segue a impulsar iniciativas para promover un turismo sostible» neste territorio, ao tempo que se vai configurando «como destino turístico diferenciado na provincia, vinculado á ciencia». Vidal Baamonde destacou o valor desta xornada como «un bo espazo para o intercambio de coñecementos entre profesionais do sector turístico» en relación á súa riqueza científica e os seus recursos botánicos, zoolóxicos ou xeolóxicos.
Durante a mañá, desenvolvéronse varias ponencias a cargo de expertos na xestión de turismo científico, a conservación do oso pardo, as árbores senlleiras do Courel, ou a importancia da micoloxía como recurso turístico. Pola tarde, realizáronse diversos obradoiros sobre creatividade e modelos de negocio dirixidos, sobre todo, a empresarios e entidades interesados en desenvolver a súa actividade no sector turísticos das Montañas Ancares-Courel. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Orzamentos locais para 2019 tratarán de poñer a Monforte a débeda cero

Seguinte Nova

O Concello de Sober renovará case un milleiro de luminarias en 12 parroquias

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss