
Sober encherase de música este mes para celebrar os 150 anos de existencia da súa Banda Municipal. A primeira cita será o sábado 13 de xullo, na Praza do Concello, espazo no que, a partir das dez da noite, os membros da Banda de Música de Sober ofrecerán un concerto, acompañados pola formación soberina Os Parentes.
O sábado 3 de agosto acollerá un gran concerto con todos os músicos vivos e directores que estiveron vinculados á Banda. Ao remate, desfrutarán dun xantar de confraternidade.
Dende a Banda afirmaron que a conmemoración do 150º aniversario da agrupación contribuirá “a seguir facendo historia da música nun concello con enorme tradición musical”.•