66 brigadas municipais reforzarán a loita contra incendios en 63 concellos lucenses

•A Xunta aporta máis de 3 millóns para financiar ao persoal, as tarefas de desbroce e as motobombas

O anuncio da sinatura dos convenios entre a Xunta e os concellos lucenses fíxoo o delegado territorial, José Manuel Balseiro, a comezos de xullo. GPDTL

Un total de 63 concellos da provincia de Lugo contan este verán con 66 brigadas municipais para reforzar o operativo contra incendios, logo da sinatura dos correspondentes convenios coa Xunta. Con este fin, o Executivo autonómico destina máis de 3 millóns de euros, dos que algo máis de 1,7 millóns financiarán os custes salariais destes traballadores. A plantilla das brigadas está a realizar, dende xullo e ata finais de setembro, labores de prevención de incendios e, no seu caso, de extinción.

LIMPEZA DE FAIXAS E PRIMEIRA INTERVENCIÓN
Segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no anuncio da sinatura destes convenios, a tarefa principal das brigadas municipais é a limpeza das faixas de xestión de biomasa en parcelas forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido. Estes operativos tamén funcionan como primeira intervención en caso de incendio.

ROZA NAS SUPERFICIES QUE SOLICITEN OS CONCELLOS
As labores de roza de carácter preventivo tamén se financian neste convenio. Son os propios concellos os que fixaron, no propio documento conveniado, a superficie sobre a que se debe actuar, e que serviu de base para calcular a contía da achega da Xunta.
Por último, os convenios cos concellos lucenses establecen unha partida de 509.600 euros para garantir o funcionamento das motobombas. •

14 BRIGADAS PARA 10 CONCELLOS DAS COMARCAS DE LEMOS, CHANTADA E QUIROGA
No sur de Lugo, acolléronse ao convenio coa Xunta todos os concellos agás Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón. Entre os municipios adheridos, contan con dúas brigadas Pantón, Folgoso do Courel, O Saviñao e Sober, dispoñendo cada un deles de 10 brigadistas. No resto dos concellos, está activada unha brigada por término municipal, composta por 5 operarios. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novas propostas para desfrutar das Exaltacións Gastronómicas por toda a provincia

Seguinte Nova

O alcalde de Monforte, investido presidente da Deputación de Lugo

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss