O Concello investirá case 100.000 euros no arranxo das rúas Chamoso Lamas e Benito Vicetto

O alcalde de Monforte anunciou os novos traballos de mellora en dúas rúas da cidade, o 11 de xullo. GPCM

O Goberno local continuará co programa de mellora das rúas da cidade, con dúas novas intervencións. O alcalde de Monforte, José Tomé, deu a coñecer o día 11 o proxecto de mellora das rúas Chamoso Lamas e Benito Vicetto, por un investimento global de 96.500 euros.

RÚA CHAMOSO LAMAS
Na primeira, vaise arranxar dende o centro das Cruces ata Valle-Inclán xunto ao paso a nivel, cun orzamento de case 48.400 euros. Deste xeito, e segundo precisou o alcalde, continuarase coa mellora que se fixo hai un ano nesta rúa, dende Rioseco ata o centro das Cruces. As próximas obras abrirán o ancho de vía ata un mínimo de 6 metros, para dispoñer de dous carrís. O proxecto complétase cun novo alumeado dende o transformador situado ao comezo do barrio das Cruces ata a rúa Valle-Inclán. Tamén, fronte á estación do Ferrocarril vaise colocar un redutor de velocidade, e unha barandilla na parte inicial desta rúa para salvar o desnivel que hai dende Valle-Inclán en dirección ás Cruces. O proxecto contempla a sinalización vertical e horizontal de todo o tramo.
RÚA BENITO VICETTO
No caso de Benito Vicetto, o arranxo inclúe tamén a regularización do firme, e a sinalización completa “dunha das entradas máis importantes á cidade”, xa que dá paso ao tráfico procedente da estrada de Castro Caldelas e da N-120.O importe da obra supera os 48.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Volven as rutas culturais e etnográficas para coñecer A Pobra do Brollón no verán

Seguinte Nova

A artesanía foi a gran protagonista da XVII Feira Tradicional Outrora en Rubián-Bóveda

Últimas noticias sobre GALERÍA

 
A %d blogueros les gusta esto: