O Fancine de Lemos fará en Monforte un repaso gráfico dos 80 anos de Batman

•A mellor cita galega co cine fantástico e de terror contará coa presenza de Javier Botet, actor que deu vida a varios monstruos de Hollywood

Cartaz promocional da nova edición do Festival de Cine Fantástico e de Terror Fancine de Lemos. (Foto cedida)

Do 25 ao 28 de xullo, Monforte acollerá unha nova edición do Fancine de Lemos. Esta emblemática cita co cine fantástico e de terror traerá á cidade do Cabe a dous protagonistas excepcionais. Batman e os seus 80 anos de historia servirán de marco para recibir a Javier Botet, actor famoso por dar vida a monstruos e personaxes que quitan o sono. Botet recibirá en Monforte o Premio Honorífico 2019 en recoñecemento á súa ampla traxectoria no cine e na televisión. Ademais, haberá cine no Parque dos Condes, cunha programación integrada por catro películas e as vinte curtametraxes presentadas ao concurso.

ILUSTRACIÓNS ORIXINAIS DUN DOS GRANDES DO CÓMIC DE SUPERHEROES
Coa exposición permanente «Batman 80th Anniversary: In Memoriam Norm Breyfogle», o Fancine de Lemos repasará a historia gráfica dos 80 anos do heroe de Gotham, a través dun percorrido polas ilustracións orixinais realizadas polo artista estadounidense Norman Breyfogle, cedidas á organización do festival polo Club Batman. Acompañando á mostra, poderanse ver tamén obras do artista monfortino Guillermo López.

UN ACTOR IDEAL PARA METER MEDO
Nesta edición, o Fancine de Lemos recoñecerá a traxectoria cinematográfica de Javier Botet, actor nacido en Ciudad Real, que está a desenvolver unha exitosa carreira como actor encarnando a personaxes monstruosos. O seu físico, alterado polo síndrome de Marfan que padece, permitiulle dar corpo, no cine e na televisión, a seres deformes e temibles. Botet, que participou en cintas internacionais como «Expediente Warren: El caso Enfield», ou en famosas series como «Juego de Tronos», participará tamén nun coloquio dentro do programa do Fancine. O actor, que tamén é director de cine e ilustrador, falará sobre o actual cine fantástico e de terror cos directores Óscar Martín e Andrés Goteira, o venres 26 de xullo ás nove e media da noite, no stand do Parque dos Condes.

VINTE CURTAS NO PARQUE DOS CONDES, E «ALIEN» PARA PECHAR AS PROXECCIÓNS DE FILMES
Tamén neste espazo ao aire libre proxectarase, o xoves 25 de xullo ás 22,30, a película «Mamá», de Andy Muschietti, coproducida por Guillermo del Toro, e que foi número un de taquilla en Estados Unidos na fin de semana da súa estrea. Xa ás 24,30, poderase desfrutar da preestrea de «Ghostland», o escalofriante terceiro film de Pascual Laugier.
O venres 26, ás 22,30, o Fancine traerá á pantalla «Summer of 84», de Y.K.Whissell, F. Simard e A. Whissell, unha escalofriante homenaxe ao cine dos 80 protagonizado por adolescentes en apuros. O ciclo pecharase co pase, ás 24,30, de «Alien, el octavo pasajero», no seu 40 aniversario.
Unha vintena de curtas seleccionadas para o concurso poderán verse o 26 e 27 de xullo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Unha nova liña de axudas permitirá abrir 15 casas niño cun total de 75 prazas

Seguinte Nova

A Banda de Música de Sober cumpre 150 anos dando vida e identidade a un pobo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss