Bóveda celebrou os éxitos deportivos dunha das súas xoves promesas, cun acto celebrado no Concello a mediados de xullo. O nadador de Vilaboa Juan Pontón Rodríguez foi recibido polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, logo de lograr a medalla de bronce no Campionato Galego junior de natación estilo mariposa.
Con este acto, recoñécese o palmarés deste xove deportista local, que este ano acadou tamén a medalla de prata no Campionato Galego de 50 metros libres, sendo o primeiro clasificado da súa idade. Pontón xa tiña subido ao máis alto do podio galego en 2018, cando logrou dous ouros na modalidade de 50 metros libres da categoría infantil.•