Volven as rutas culturais e etnográficas para coñecer A Pobra do Brollón no verán

Imaxe de arquivo dunha visita guiada ao Castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa, na Pobra do Brollón. (Foto cedida).

Do 15 de xullo ao 31 de agosto, o Concello da Pobra do Brollón ten en marcha catro itinerarios turístico-culturais para achegarse á riqueza paisaxística e etnográfica deste municipio.

ARQUEOLOXÍA CULTURAL
As visitas ao Castro de San Lourenzo teñen lugar os martes e xoves ás 17,00 horas, e os mércores e venres ás 11,00 horas. Da man dos veciños, os visitantes achegaranse ás singularidades deste castro mineiro de 2.000 anos de antigüidade, recuperado en época medieval.

VIÑO, ETNOGRAFÍA E PAISAXE
Os roteiros que teñen como destino as Adegas de Vilachá ofrecen dúas variantes. Os martes e xoves ás 11,00 e os mércores e venres ás 17 horas, realízanse visitas de unha hora de duración, con cata de viños e un prezo de 3 euros por persoa. A versión extendida desta ruta, que dura dúas horas, inclúe un paseo de 5 quilómetros ata o miradoiro da Capela e cata de viños polo mesmo prezo, os sábados e domingos ás 12,00 horas.

RECUNCHOS SINGULARES
Os visitantes poden coñecer de balde a Cova das Choias, nos percorridos organizados os sábados e domingos ás 17 horas, para ver o seu musgo luminiscente e a colonia de morcegos que habita nesta singular paraxe.
Todas as visitas requiren un grupo mínimo de 5 persoas. É obrigatoria a inscrición no wasap do teléfono 650 624 828. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra do Brollón presumiu de historia e de independencia veciñal na VI Feira Medieval Guímara

Seguinte Nova

O Concello investirá case 100.000 euros no arranxo das rúas Chamoso Lamas e Benito Vicetto

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: