A Festa da Malla volve a Tuiriz por segundo ano consecutivo cun programa máis amplo

•A segunda edición da Festa da Malla celebrarase o 18 de agosto

A iniciativa dos veciños de Tuiriz e da Comunidade de Montes Ferroedo congregou o ano pasado a nenos e maiores, nun evento que combina lecer, etnografía e confraternidade. Arquivo EC

Pantón está a recuperar os oficios tradicionais e a vida da aldea a través de iniciativas lúdico-culturais promovidas pola veciñanza. O 18 de agosto vaise celebrar a segunda edición da Festa da Malla de Tuiriz, que arrancou o ano pasado por iniciativa da Asociación de Veciños de Tuiriz e da Comunidade de Montes Ferroedo. Estes dous colectivos, que están a levar adiante interesantes iniciativas de recuperación do rural, impulsan de novo esta festa, enriquecida con novas aportacións.

Foto de familia dalgúns dos veciños que participaron na primeira Festa da Malla de Tuiriz, celebrada o 12 de agosto de 2018. (Foto cedida).

BOA RESPOSTA DA VECIÑANZA
A festa do ano pasado suscitou unha «grande satisfacción» entre os organizadores, xa que contaron coa boa acollida e a colaboración dos veciños e veciñas. A organización agradece a «boa resposta e axuda» que amosaron os veciños na primeira edición, o que os animou a deseñar un programa máis amplo para este ano.

XOGOS TRADICIONAIS E TALLA DE MADEIRA CON MOTOSERRA
Na cita que ocupará a mañá do 18 de agosto, ademais da recreación dunha malla tradicional na eira da antiga reitoral de Tuiriz e o xantar posterior, haberá xogos tradicionais e dunha demostración en vivo de talla de madeira con motoserra. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Manuel Espiño amosa no Centro do Viño a súa visión pictórica do Camiño ao Outono

Seguinte Nova

14 voluntarios participan no segundo Campo Internacional de Traballo na Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss