Comezan os traballos de arranxo da estrada provincial de Ferreira a Currelos

Os traballos na estrada de Ferreira a Currelos comezaron o 4 de setembro. GPDL

A Deputación iniciou este mércores as obras de rexeneración da estrada LU-P-4102, que une os núcleos de Ferreira, en Pantón, con Currelos, no municipio do Saviñao. Para este proxecto, que xa estaba en contratación co anterior equipo de Goberno, a Deputación destina 386.852 euros, cos que se arranxará o tramo entre os puntos quilométricos 14 e 22. Nestes oito quilómetros de trazado, completarase o arranxo do firme con aglomerado en quente, máis o pintado e a sinalización horizontal, nun periodo estimado de tres semanas.   

As obras responden á demanda dos veciños, segundo afirmou o presidente da Deputación, José Tomé, sinalando que o organismo provincial “escoita as demandas da cidadanía  e traballa para darlles resposta”. Tomé destacou que, no mes e medio que leva á fronte da Deputación, o seu equipo aprobou o Plan de Seguridade e Saúde no Traballo e o servizo de control de calidade, imprescindibles para poder iniciar as obras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra bate o seu récord de ocupación en agosto grazas ás vivendas de uso turístico e otros aloxamentos

Seguinte Nova

Taboada celebrará unha nova edición da Queima das Fachas

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: