Estanse a repartir 3.200 briks de leite da marca de calidade Galega 100%, e folletos promocionais por varias etapas deste emblemático circuito
O leite, un dos produtos galegos máis destacados pola súa calidade, é un dos protagonistas dos puntos de promoción gastronómica instalados nas saídas de etapa da Volta Ciclista a España 2019. A Consellería do Medio Rural, a través da Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) reparte 3.200 briks de leite e diversos folletos promocionais para dar a coñecer o leite da marca de calidade Galega 100%. Este selo garante non só a procedencia do produto, senón tamén a súa elaboración dentro da nosa comunidade e mediante uns estándares de calidade diferenciada.
A iniciativa, que xa se realizou en anteriores edicións, deu visibilidade ao leite galego con selo de calidade en puntos como Onda, en Castellón, Valls, en Tarragona, ou Torrevieja, en Alicante.