Preto dunha vintena de actividades animaron a XXII Feira do Libro de Monforte

O alcalde, José Tomé, na apertura da XXII Feira do Libro de Monforte, antes da lectura do pregón a cargo da escritora da Pobra Olga Novo. GPCM

A rúa Cardeal acolleu, entre o 28 e o 31 de agosto, a edición número vintedous da Feira do Libro. Arredor dunha vintena de actos deron vida ao percorrido polas casetas, nas que amosaron as súas novidades as librerías Agrasar, A Nova, Cartabón e Cortizas, ademais de A Serpe- Edicións e Bibliofilia, e o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. A Feira tivo como pregoeira a Olga Novo, poeta e escritora da Pobra do Brollón. •

A escritora Olga Novo, pregoeira da Feira, saúda a Ada Agrasar, libreira e editoria monfortina, durante a inauguración na rúa Cardeal. (Foto: MONTERO)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A mostra fotográfica de Mar López Sotelo sobre os esgrafiados chega a Monforte

Seguinte Nova

Monforte homenaxeou o seu pasado xudeu no Día Europeo da Cultura Xudía

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: