Monforte homenaxeou o seu pasado xudeu no Día Europeo da Cultura Xudía

O alcalde de Monforte descubriu un monolito cunha placa conmemorativa en lembranza da comunidade xudía que residiu na cidade do Cabe durante a Idade Media. Un olivo, tamén plantado para a ocasión, acompañará a memoria deste pobo. GPCM

 Monforte sumouse ao Día Europeo da Cultura Xudía, cun acto en memoria da comunidade hebrea que viviu e traballou en Monforte durante séculos. Na celebración do 6 de setembro, o Concello descubriu un monolito conmemorativo na rúa Falagueira, xunto a un olivo plantado como homenaxe a este pobo.
Ademais das autoridades locais, o acto contou coa presenza de descendentes de familias xudías, como os Gaibor. O alcalde, José Tomé, destacou o papel desta comunidade que «coas súas vivencias e traballo, contribuíu á construcción e á existencia de Monforte de Lemos». •

Logo da lectura dun texto do autor sefardí Mois Benarroch, o acto da rúa Falagueira contou coa actuación dun cuarteto de corda ás órdenes de Fernando Sanmartino, director do Conservatorio de Monforte. GPCM

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto dunha vintena de actividades animaron a XXII Feira do Libro de Monforte

Seguinte Nova

50 municipios lucenses beneficiáronse das 150 obras realizadas nos obradoiros da Xunta

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: