Melloras na sinalización en dúas estradas da Xunta que pasan por Monforte e Bóveda

O repintado das marcas viarias reforzará a seguridade en varios tramos da LU-546 e LU-664

A meteoroloxía e o tráfico deterioran os sinais horizontais das estradas, polo que é preciso a súa renovación para mellorar a seguridade viaria. (Foto: Pixabay)

A Xunta destina 25.600 euros á renovación dos sinais horizontais en varios tramos das estradas LU-546 e LU-664 ao seu paso polos municipios de Monforte de Lemos e Bóveda. Deste xeito, mellórase a visibilidade para os usuarios, o que repercute nunha maior seguridade nestes tramos de gran densidade de tráfico, salientou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A Xunta completou xa o repintado das marcas viarias na LU-546, entre os puntos quilométricos 45+550 e 52+800, e que afecta aos términos municipais de Monforte e Bóveda. Nos vindeiros días, vaise repintar completamente un tramo de tres quilómetros na LU-664, agás o que xa quedara acondicionado durante as obras de construcción das novas glorietas o ano pasado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xa están operativas as novas instalacións da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte

Seguinte Nova

O Concello da Pobra convida a andar o Camiño de Inverno en 10 domingos

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: