Adxudicada por máis de medio millón a conservación de estradas provinciais da zona sur

•Os traballos en viais de 9 concellos supoñen un investimento de 584.330 euros en tres anualidades

Estas adxudicacións teñen unha vixencia de tres anos para cada lote de estradas. (Foto cedida).

O 13 de setembro, a Xunta de Goberno da Deputación adxudicou os traballos de conservación das estradas do sur de Lugo, ao seu paso por nove concellos.
O importe, que abrangue o periodo de 2019-2021, supón un investimento de 584.330 euros para o mantemento das estradas provinciais nos municipios de Monforte de Lemos, Bóveda, Pobra de Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.

TAMÉN NA MONTAÑA E E NA COMARCA DE SARRIA
Segundo explicou o presidente da Deputación, José Tomé, o organismo provincial adxudicou este mes cinco dos oito lotes nos que está dividido o servizo de conservación. Deste xeito, son 42 os concellos que se beneficiarán desta medida, á que o organismo provincial adica 3,2 millóns de euros nos próximos tres anos.
As comarcas de Lemos e Chantada integran o lote oitavo. O Páramo, Sarria e Paradela inclúense no lote cuarto, xunto a outros oito concellos, cun importe de adxudicación de 605.000 euros. Así mesmo, tamén se adxudicou o lote sétimo, por 587.701 euros, para as estradas provinciais de Folgoso, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil.
A Deputación tiña licitado o ano pasado o conxunto dos oito lotes, por un global de 6,4 millóns para as tres anualidades. O mandatario provincial salientou como «prioridade deste Goberno» a mellora das comunicacións, «porque son necesarias para garantir a igualdade de oportunidades». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte estreou «un novo Miradoiro do Duque, máis atractivo, seguro e amplo»

Seguinte Nova

A Deputación activa o dispositivo de seguridade ante a alerta por tormentas

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss