A arquitectura tradicional como exemplo de sostibilidade, protagonista do encontro de Tor

A deputada de Turismo, Pilar García, na inauguración das xornadas sobre bioconstrucción celebradas no Pazo de Tor. GPDL

O Pazo de Tor foi a sede das VI Xornadas de Bioconstrucción, organizadas pola Asociación Galega para a Bioconstrucción, coa colaboración da Deputación de Lugo.

O USO DE MATERIAIS PROPIOS DA ZONA RESPONDE ÁS NECESIDADES DE CADA TERRITORIO
As actividades desenvolvéronse do 13 ao 15 de setembro, tendo á arquitectura vernácula como protagonista. Dar a coñecer a importancia dos materiais empregados na arquitectura tradicional en cada territorio, a súa lóxica funcional e construtiva, e as posibilidades que ofrecen para un desenvolvemento máis sostible foi o obxectivo destas xornadas.

ELEMENTOS ESTRUTURAIS E TÉCNICAS CONSTRUTIVAS
O programa compaxinou as charlas de especialistas con sesións práticas, obradoiros, actividades lúdicas e ecoxantares.
O deseño de espazos na casa tradicional de Galicia foi un dos temas tratados na primeira xornada. Os diversos tipos de morteiro e modalidades construtivas como a carpintería de armar, a tapia ou o trabadillo centraron a segunda das xornadas.

REHABILITACIÓN MÁIS SOSTIBLE
O último día, presentáronse exemplos de proxectos de rehabilitación con técnicas de bioconstrucción. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación activa o dispositivo de seguridade ante a alerta por tormentas

Seguinte Nova

Acordo entre a Xunta e o Concello do Incio para reforzar a loita contra a velutina

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss