. O sábado 14 de setembro, A Pobra do Brollón converteuse no gran escenario da música folk de Galicia.
CULTURA FOLK NUN ESCENARIO NATURAL
O festival As Cores do Outono encheu a área de Samugueiros de sons e animación, en xornada de tarde-noite. O festival comezou cun espectáculo para toda a familia, da man da compañía Píscore, gañadora do premio do público no Festiclown 2018.
Xa na quenda musical, a cita da Pobra tivo como actuación estrela ao emblemático grupo Milladoiro. A sexta edición de As Cores do Outono completou o seu plantel coa música do ourensán Magín Blanco, e as Pandereiteiras de Bouba, formación procedente da localidade coruñesa de Tordoia.
O festival estivo organizado polo Concello da Pobra do Brollón, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.•