A tradición das bandas de música militares, presentes nos actos do 150º aniversario da Banda de Sober

O concerto a cargo das bandas militares de música de Ferrol e A Coruña tivo lugar na Praza do Toural de Sober o 14 de setembro. (Foto: MONTERO)

Os actos en conmemoración do 150º aniversario da Banda de Música de Sober sumaron un evento máis en setembro. O día 14, a soberina Praza do Toural encheuse de público e autoridades para asistir ao concerto extraordinario de dúas bandas militares de música con gran tradición en Galicia.

A UNIDADE DE FERROL OFRECEU CONCERTOS PÚBLICOS TODOS OS XOVES DURANTE 78 ANOS
A Unidade de Música do Terzo Norte de Infantería de Marina de Ferrol interpretou un repertorio de nove pezas, con mestura de épocas e estilos, con lembranzas de zarzuela, música americana e sons inspirados en Galicia. A formación ferrolana, fundada en 1.855 e con sede no Cuartel de Batallóns de Nosa Señora das Dores, ofreceu concertos públicos nos Xardíns de Herrera todos os xoves dende 1.920 a 1.998. Na actualidade, está dirixida polo capitán músico Luis García Cortizas.
A continuación, puido escoitarse a interpretación doutras seis pezas variadas, a cargo da Unidade de Música da Forza Loxística Operativa da Coruña. Xurdida en 1.875, e despois de diferentes reestructuracións, pasou a integrarse no Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa. O seu actual director é o capitán Iván Rodríguez Armán.

UNHA CITA EXTRAORDINARIA DE BANDAS CON MÁIS DE 150 ANOS DE TRADICIÓNS MUSICAL EN GALICIA
Xunto a estas formacións musicais, que teñen máis de 150 anos de tradición cada unha, actuou tamén a Banda de Música de Sober, na que foi unha auténtica xornada de homenaxe á historia da música de bandas en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arranca o Outono Fotográfico de Chantada, con tres exposicións, un curso de fotografía dixital e o tradicional concurso

Seguinte Nova

Monforte acolleu un encontro sobre o patrimonio inmaterial do Camiño de Inverno

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: