As Exaltacións Gastronómicas de setembro adícanse á ao Porco Celta, os Grelos, e a Pataca e Mel de Galicia

Ata o 29 de setembro, medio cento de establecementos de 23 concellos lucenses ofrecen pratos especiais con estes produtos de calidade diferenciada

A presentación das Exaltacións Gastronómicas de setembro celebrouse en Lugo, coa presenza da deputada de Turismo, Pilar García Porto, e o vicepresidente da APEHL, José Manuel Cela Rodríguez, o 19 deste mes. GPDL

Continúa unha nova quenda das Exaltacións Gastronómicas, unha iniciativa da Deputación de Lugo e a APEHL para impulsar o turismo gastronómico na provincia a través da promoción de menús a base de produtos lucenses de calidade diferenciada. Do 20 ao 29 de setembro, o protagonismo é para os sabores salgados do Porco Celta, os Grelos e a Pataca de Galicia, xunto ao sabor doce que aporta o Mel de Galicia. Os pratos incluídos na programación acompañaranse de pan e galletas Daveiga, viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e licores.

UNHA SEMANA AO MES PARA DESFRUTAR DO MELLOR DA GASTRONOMÍA LUCENSE
Cada mes, adícanse os 10 días anteriores ao último domingo para degustar pratos elaborados con produtos lucenses de calidade diferenciada, e que poden atoparse en medio cento de establecementos de hostelería situados en 23 concellos da provincia.

PRETO DUNHA QUINCENA DE ESTABLECEMENTOS DO SUR DE LUGO
Na zona sur, están a ofrecer os menús e pratos das Exaltacións Gastronómicas un total de 14 establecementos. Os produtos de calidade que se exaltan cada mes poden degustarse en Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería de Chantada, así como na Rectoral de Castillón en Pantón.
En Monforte, participan neste programa Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal.
A Parrillada Casa Torres de Quiroga, Sabe de O Páramo, e o restaurante Ponte Ribeira de Sarria completan a rede de establecementos nos que se poden degustar os menús especiais das Exaltacións Gastronómicas.

APOIO AOS PRODUTORES E PULO Á ECONOMÍA DO RURAL
Segundo destacou a deputada de Turismo, Pilar García Porto, as Exaltacións Gastronómicas son un apoio para os produtores do rural, ao tempo que se impulsa a desestacionalización do consumo de produtos como os Grelos de Galicia, para que se siga consumindo fóra da tempada de produción.
En total, a programación completa das Exaltacións Gastronómicas inclúe produtos amparados por 21 Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) con presenza na provincia.

EXALTACIÓNS GASTRONÓMICAS ATA NOVEMBRO
Este programa da Deputación e da Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo está en marcha dende abril, e terá a súa derradeira edición no mes de novembro. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte acolleu un encontro sobre o patrimonio inmaterial do Camiño de Inverno

Seguinte Nova

A repavimentación da rúa Cardenal licitarase por máis de 300.000 euros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: