Todo listo para un novo curso nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

As Escolas Deportivas de Monforte ofrecen tres grupos de ioga para maiores de 16 anos e adultos. (Foto: Pixabay)

Arrancan en outubro as actividades programadas dentro das Escolas Deportivas Municipais de Monforte, con dúas modalidades segundo grupos de idade. Para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos, están pensadas cinco actividades. Os luns e venres, de 18:15 a 19:15 horas, terá lugar a actividade de zumba kids no ximnasio Neo Fit. Kung fu impartirase os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas en Dogma Centro de Pilates. Os mércores será a quenda de patinaxe, cunha sesión semanal de 17:30 a 19:00 horas, no Pavillón dos institutos. Os sábados, de 10:00 a 14:00 horas, desenvolveranse as actividades de golf e pádel, no Club Río Cabe e no Club Padelante, respectivamente.

ACTIVIDADES PARA MAIORES DE 16 ANOS E ADULTOS

O calendario das actividades para maiores de 16 anos e adultos inclúe catro actividades, organizadas en varios grupos. Ximnasia de mantemento conta con dous grupos, cada un deles con dúas sesións semanas os luns e mércores, de 10:30 a 11:30 horas no ximnasio Neka, e de 17:00 a 18:00 horas no ximnasio Lemos. O centro de ioga Ganesha impartirá a actividade de ioga en tres grupos: os luns e mércores de 16:15 a 17:15 horas, e os mesmos días de 17:15 a 18:15 horas, e os martes e xoves de 16:15 a 17:15. Así mesmo, a actividade de tai chi terá lugar os martes e venres de 20:00 a 21:00 horas en Dogma centro de pilates. A oferta municipal complétase con zumba para adultos, os martes e venres de 17:15 a 18:15 horas no ximnasio Neo Fit.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A paisaxe da viticultura heroica, protagonista en Pantón nos premios do V Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O comercio lucense de proximidade premia as compras nos Días Azuis ata o 20 de outubro

Últimas noticias sobre DEPORTES

Novo ciclo para o Club Lemos

O Club Lemos estrea directiva con Antonio López como Presidente. Unha das súas primeiras decisións foi nomear a Óscar Moure como Director
Ir aInicio

Don't Miss