Alumnado de ciclos do IES A Pinguela achegouse ás posibilidades que ofrece para o rural o modelo da economía social

José Ovidio Pérez Reñones e Severino Rodríguez Díaz, da Asociación Semente de Monforte, participaron no seminario sobre Economía Social dirixido por Xosé Lois Lamazares Vence, coordinador xeral de Galletas Daveiga, e Rosa Álvarez Bernárdez, técnica deEspazocoop. IAP

Os principios da economía social aplicada a exemplos reais centraron o seminario que se desenvolveu no IES A Pinguela o 11 de outubro. Co título de «Introdución á Economía Social», esta actividade achegou as características deste modelo empresarial e a súa aplicación no rural ao alumnado de 2º curso dos ciclos formativos de Administración, Informática e Imaxe Persoal do instituto monfortino.
GALLETAS DAVEIGA E ASOCIACIÓN SEMENTE DE MONFORTE
O seminario forma parte do 1º Programa de Fomento da Economía Social, a Innovación e o Desenvolvemento Sustentable na Galicia rural 2019/2020, promovido pola Sociedade Laboral Daveiga de Chantada, e coa colaboración de Espazocoop (Unión de Cooperativas Galegas), do grupo de investigación ICEDE da Universidade de Santiago, e da Asociación Semente de Monforte, entre outros.

O seminario estivo destinado aos estudantes de 2º curso dos ciclos formativos de Administración, Informática e Imaxe Persoal do IES A Pinguela. IAP

MÁIS OBRADOIROS EN NOVEMBRO
O alumnado do IES A Pinguela coñeceu as características xurídicas e organizativas dos modelos empresariais de cooperativa e das sociedades laborais. Ademais, presentáronselle iniciativas de apoio como o concurso de proxectos e ideas empresariais para o desenvolvemento rural sustentable que tamén abranguen ao alumnado de Bacharelato e FP. Na sesión, informouse das novas oportunidades de Emprego na Galicia Rural, e dos tres obradoiros que se van impartir no IES A Pinguela en novembro. Neste novo programa, os participantes aprenderán a elaborar un plan de empresa de economía social no rural, e coñecerán as diversas ferramentas de financiamento.
No seminario, participaron Xosé Lois Lamazares Vence, coordinador xeral de Galletas Daveiga, e Rosa Álvarez Bernárdez, técnica de Unión de Cooperativas Espazocoop, ademais de Severino Rodríguez Díaz e José Ovidio Pérez Reñones, da Asociación Semente de Monforte. Este colectivo promove, a través dun concurso anual de ideas, o impulso de proxectos de emprendemento no rural.
Logo da súa intervención, Lamazares invitou ao alumnado a coñecer en directo o obrador de galletas que Daveiga ten en Chantada.

SEMINARIO ITINERANTE
O programa deste seminario estase a impartir no resto de institutos de Lemos e Chantada, así como en Lalín e en varios centros de Ourense.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte estreará a finais de ano o primeiro albergue turístico

Seguinte Nova

Aberto o prazo para participar na nova edición de Lugo Termal

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss