Comezou a competición para os equipos de Primeira e Segunda División do CV Ribeira Sacra

Foto de grupo do equipo xuvenil de Primeira División do CV Ribeira Sacra. CVRS

Arrancou a tempada de competición para os seis equipos femininos do CV Ribeira Sacra, con resultados desiguais que servirá para ir collendo aprendizaxe e forzas para afrontar a tempada.

EQUILIBRIO NOS RESULTADOS TRALA SEGUNDA XORNADA EN PRIMEIRA
En Primeira División, as dúas primeiras xornadas sumaron catro derrotas e dúas vitorias. As de Monforte non foron capaces de vencer na casa ao Arenal Emevé na xornada inicial, mentres que no segundo partido, as infantís e as xuvenís lograron impoñerse fronte ao CV Boiro.

EXITOSO ARRANQUE NA CASA PARA OS EQUIPOS DE SEGUNDA DIVISIÓN
En Segunda División, as xuvenís comezaron a liga con vitoria no pavillón da Pinguela diante das lucenses do Arenal Emevé, equipo ao que tamén venceron as infantís, que repetiron vitoria no segundo partido adiantado fronte ao CV Narón. A xornada primeira completouse en Monforte coa derrota das cadetes diante do equipo ferrolán.

XORNADA DE DESCANSO E PARTIDO APRAZADO EN SEGUNDA DIVISIÓN
A segunda xornada pechouse coa derrota das cadetes en Boiro. As infantís descansaron e aprazouse o partido en xuvenil.
As valoracións do club monfortino nas redes sociais destacan o traballo de todas as xogadoras, e o axustado das derrotas que se consumaron nas xornadas iniciais. Estes resultados supoñen para as deportistas do CV Ribeira Sacra unha experiencia de mellora e aprendizaxe, e unha aposta por seguir na boa actitude que amosan.
A terceira xornada acollerá tres derbis en Monforte fronte ao Korbis, e a visita do Bruxas de Bertamiráns e de dous equipos do Liceo da Coruña.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte aposta pola internacionalización e a innovación para poñer en valor os seus sectores produtivos

Seguinte Nova

Os institutos de Sarria celebraron o Día Europeo do Deporte Escolar

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: