Lemos Le escolle Pantón e a figura da histórica abadesa de Eiré para celebrar o Día das Bibliotecas

A imaxe de Inés Fernández, abadesa do mosteiro de Eiré no século XV, ilustra o cartaz da entrega dos premios do VI Certame Mulleres de Lemos, que organiza o colectivo Lemos Le. (Foto cedida)

Pantón protagonizará a próxima edición da cea de confraternidade que o colectivo Lemos Le vén organizando dende hai seis anos con motivo do 24 de outubro, Día das Bibliotecas.

CEA O SÁBADO 26 DE OUTUBRO
A cita será o sábado 26 de outubro, na Rectoral de Castillón, a partir das 21.30 horas. A cea convocará aos diversos axentes implicados na lectura e na educación da comarca de Lemos.
Ademais, o acto festivo servirá de marco para a entrega dos premios do VI Certame de Divulgación Mulleres de Lemos, adicado desta volta a Inés Fernández, abadesa do mosteiro de Eiré no século XV. Por este motivo, e con carácter previo á cea, organízase o mesmo sábado unha visita guiada á igrexa de San Miguel de Eiré, ás 19.00 horas.
Desta volta, será a historiadora Flora Enríquez a encargada de aportar a colaboración literaria á cea de confraternidade que organiza Lemos Le. Nas edicións anteriores, esta función asumírona escritores do sur de Lugo como Olga Novo, Xabier Quiroga, Manuel Veiga ou Lois Diéguez. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de media ducia de actividades para centros educativos este curso no Museo Pazo de Tor

Seguinte Nova

Parada en Sober da mostra itinerante «Esgrafiados na Ribeira Sacra»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: