
Dende o 2 de outubro, pode verse no Centro Sociocultural de Sober a exposición fotográfica «Esgrafiados na Ribeira Sacra», asinada pola divulgadora cultural Mar López Sotelo. O conxunto de imaxes revela interesantes mostras desta técnica tradicional para revestir ou decorar as fachadas dos edificios. A exposición pode verse ata o 31 de outubro. •