A asociación Val do Láncara concede a Xurxo Souto o Premio Facer País

•O músico e escritor coruñés recibirá o galardón pola súa difusión da cultura galega entre a mocidade

Xurxo Rodríguez deu a coñecer o fallo do xurado en Lugo, xunto á vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, o 16 de outubro. GPVDL

A Asociación Val de Láncara vén de conceder ao músico e escritor Xurxo Souto o Premio Facer País. A décimo oitava edición deste galardón foi para este creador coruñés pola súa labor de difusión da cultura galega entre a mocidade.

VOCALISTA DOS DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO
No fallo do xurado, que se deu a coñecer en Lugo a mediados de outubro, destacouse «o entusiasmo e a forza» con que Souto «fai país, reivindicando a lingua e a cultura, e contribuíndo a que os demais, pero sobre todo a mocidade, as valoremos como parte fundamental da nosa identidade como pobo».
O xurado desta edición estivo integrado por unha vintena de colectivos culturais da comarca sarriana, Val do Neira e O Corgo. O resultado da votación deuno a coñecer Xurxo Rodríguez, mestre no CPI Ramón Piñeiro de Láncara, nun acto celebrado na sede da Deputación, e que contou coa presenza da vicepresidenta provincial, Maite Ferreiro. Rodríguez destacou a traxectoria cultural de Xurxo Souto como músico, sobre todo na súa etapa de vocalista no grupo Os Diplomáticos de Montealto, e como locutor de radio, medio no que puxo en marcha diversos programas para dar a coñecer a música galega entre a mocidade.
O galardón entregarase en Láncara o 2 de novembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A provincia de Lugo concentra o 38% do volume de cortas solicitado este ano

Seguinte Nova

Sober, Quiroga e Chantada, entre os sete concellos galegos que perciben as novas axudas para as ARI

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss