A provincia de Lugo concentra o 38% do volume de cortas solicitado este ano

Imaxe da asamblea de empresarios da 1ª transformación. GPXG

Lugo está a ser unha das provincias con máis actividade forestal, segundo os datos presentados na asamblea xeral extraordinaria que a Asociación de Empresarios de 1ª Transformación da Madeira celebrou na capital provincial o 25 de outubro.

CASE 22.000 SOLICITUDES DE CORTA NA PROVINCIA
Segundo o balance dado a coñecer por este colectivo, no que vai de ano Lugo aglutinou o 38% do volume de cortas solicitado, que se formalizou a través de case 22.000 declaracións responsables ou solicitudes de corta. No conxunto de Galicia, o volume ascende a 8 millóns de metros cúbicos, con algo máis de 88.000 solicitudes de corta.

A MARIÑA REPRESENTA O 13,6% DO VOLUME DE TODA GALICIA
Na asamblea, presentouse o desglose de actividade por comarcas, entre as que destaca A Mariña, que supera o millón de metros cúbicos de madeira, solicitada a través de 6.604 formularios. Esta comarca concentra así o 13,6% do volume total de Galicia.

LUGO-SARRIA, O SEGUNDO TERRITORIO EN VOLUME DA PROVINCIA
O distrito de Lugo-Sarria ocupa o segundo posto provincial, con 848.290 metros cúbicos mediante 5.721 solicitudes. En terceiro lugar, sitúase a comarca da Terra Chá, con 684.232 metros cúbicos solicitados en 5.597 expedientes.
Trala Fonsagrada-Ancares, con 1.563 permisos para cortar 264.719 metros cúbicos, está a comarca de Terra de Lemos, que pecha o listado lucense con 186.592 metros cúbicos de madeira solicitada en 2.862 expedientes.
A Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira reúne a 276 empresas do sector con actividade na provincia de Lugo, o que supón o 48% das empresas do sector en Galicia que inclúen serradoiros, fábricas de taboleiros e celulosa, e explotación forestal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de medio cento de Consellos Reguladores vitivinícolas de España apoiaron en Chantada a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

A asociación Val do Láncara concede a Xurxo Souto o Premio Facer País

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: