O CIM de Quiroga dinamizou a axenda de outubro con dúas actividades. O día 19, preto de 80 persoas participaron na Andaina Solidaria contra o cancro de mama, e recolléronse donativos a beneficio da Asociación Española Contra el Cáncer.
Co gallo do Día da Muller Rural, celebrouse un café-coloquio sobre apoderamento. Emilia Macía, de Bodega EDV, Ana Gadín, de bodega Atrium Vitis, Amparo Montenegro, de Enoturismo Galicia, e Olga Iglesias, de Eireliña, aportaron a súa experiencia como emprendedoras.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas