Defenden en Chantada un goberno do PP en Madrid como «única garantía para que a A-56 avance»

A reunión do Partido Popular da comarca de Chantada tivo lugar na vila do Asma o 22 de outubro. GP-PP

O Partido Popular reivindicouse dende Chantada como a «única garantía» para botar adiante a A-56, unha vez que «é matematicamente imposible que Fomento cumpla a data fixada para finais de ano, para rematar o treito San Martiño-A Barrela, o único que está en obras». Así o afirmaron os asistentes á xuntanza que os populares da comarca de Chantada celebraron na vila do Asma o 22 de outubro. A reunión contou coa presenza do alcalde de Chantada, Manuel Varela, o rexedor de Carballedo, Julio Yebra, e o de Taboada, Ramiro Moure. Ademais, asistiron a presidenta do PP provincial, Elena Candia, e o secretario xeral, Carlos Armesto, entre outros representantes.

«CASTIGO» DE SÁNCHEZ Á COMARCA
Os populares chantadinos lamentaron a situación producida por un goberno en funcións, aínda que o retraso nas infraestruturas lucenses remóntase á moción de censura, un «castigo» de Pedro Sánchez para toda a provincia de Lugo.
O PP da comarca reclama un «impulso real» á autovía, pero o Goberno socialista en Madrid «resístese a sacar do caixón de Fomento» o resto dos proxectos que compoñen o expediente de execución. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada acolleu as VI Xornadas de Protección Civil organizada pola Federación provincial de voluntarios

Seguinte Nova

Bóveda celebrou o Día da Biblioteca cun programa de música, literatura e danza para todos os públicos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: