Tarde zoofotográfica e Torneo Autonómico de League of Legends, na programación da Casa da Xuventude de Chantada

Tamara Lebón Sánchez ofreceu consellos para a fotografía de animais na «Tarde Zoofotográfica» do Espazo Xove. CXC

A axenda da Casa da Xuventude chantadina completou as actividades do mes con tradicións e novidades.

CABAZAS DE SAMAÍN PARA DESPEDIR OUTUBRO
O Samaín Celta, co que cada ano se pecha o mes de outubro no Espazo Xove, reúne os antigos rituais da cultura celta coa creatividade dos rapaces e rapazas á hora de decorar as características cabazas. Para os amantes da fotografía, organizouse o 23 de outubro unha «Tarde Zoofotográfica», na que Tamara Lebón comentou cos participantes os segredos da fotografía de animais, e ilustrounos coa súa mostra «Equus», exposta neste mesmo espazo.
VIDEOXOGO
Xa en novembro, do 4 ao 8 terá lugar un curso presencial en perspectiva de xénero na intervención social para voluntariado.
Así mesmo, o sábado 9 de novembro, de 10 a 15 horas, a Casa da Xuventude acollerá o I Torneo Autonómico de League of Legends. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda celebrou o Día da Biblioteca cun programa de música, literatura e danza para todos os públicos

Seguinte Nova

Máis de medio cento de Consellos Reguladores vitivinícolas de España apoiaron en Chantada a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss