51.000 lucenses vacináronse contra a gripe nos primeiros quince días da campaña

• Dende Sanidade lembran que a vacina é a principal medida para evitar esta enfermidade

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, recibiu a vacina da gripe no centro de saúde da Fonsagrada, o 5 de novembro. GPDTL

A campaña de vacinación contra a gripe botou a andar en Galicia o 14 de outubro, e a comezos de novembro xa se tiñan vacinado 51.000 persoas na provincia de Lugo. Segundo datos facilitados pola Consellería de Sanidade, no grupo de maiores de 65 anos, a cobertura da vacinación chegou ata o 39,76% no mesmo periodo, cun total de 38.246 doses administradas nesta franxa de idade.

O CENTRO DE SAÚDE DA FONSAGRADA, O QUE MÁIS MAIORES DE 65 ANOS VACINOU NA PROVINCIA EN 2018
Os datos ofreceunos o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o 5 de novembro, no centro de saúde da Fonsagrada. Balseiro foi un dos cidadáns que ese mesmo día acudiu ao centro sanitario para recibir a vacina contra a gripe. O da Fonsagrada foi o centro de saúde con maior porcentaxe de vacinación en persoas maiores de 65 anos durante a pasada campaña, segundo precisou o delegado territorial. Balseiro lembrou que este grupo de idade é a principal poboación diana á que vai destinada a campaña. O ano pasado, o centro de saúde da Fonsagrada tivo unha taxa de vacinación do 68% entre os maiores de 65 anos, porcentaxe que supera o obxectivo do 65% fixado para este segmento de poboación. No que vai de campaña, este centro ten vacinado xa ao 40,61% deste grupo.

REFORZO DE 7.000 UNIDADES NO LOTE DE DOSES PARA ESTA CAMPAÑA
Para a campaña en marcha, a Consellería de Sanidade aumentou en máis de un millón de euros o importe destinado á adquisición de vacinas, con 7.000 doses máis que na campaña anterior. En cifras, este ano Sanidade destinou 3.466.632 euros para comprar 615.000 doses de vacinas an
tigripais.
NENOS PREMATUROS E PERSOAS CON PROBLEMAS DE COAGULACIÓN, NOVOS GRUPOS PREFERENTES NA VACINACIÓN
Este ano, Galicia é pioneira en administrar unha vacina tetracelular a persoas entre 15 e 64 anos con factores de risco. Ademais, considéranse como grupos de risco os nenos e nenas menores de 6 meses que naceran prematuros, e as persoas con trastornos da coagulación.
A Consellería de Sanidade ten operativa unha web temática sobre aspectos técnicos, seguemento e evolución da campaña de vacinación contra a gripe. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Paradela centrou os actos do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

Seguinte Nova

Completada a primeira fase da actividade «Coñece o teu Camiño», organizada polo Concello da Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: