
As tardes dos xoves de novembro, a Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón convértese nun espazo de arte e reflexión. O Concello está a organizar o ciclo «Grandes Temas do Noso Tempo», para poñer sobre a mesa temas de actualidade, como o cambio climático, o auxe da extrema dereita, ou a espionaxe nas redes.
CATRO PROXECCIÓNS EN NOVEMBRO
O ciclo arrancou o xoves día 7 coa proxección do documental «Before the flood», que plantea o problema do cambio climático nunha peza protagonizada por Leonardo Di Caprio, e producido en 2016 en colaboración con National Geographic. A proxección contou coa colaboración do colectivo Teachers for Future Spain. O xoves 14 foi a quenda de «Las chicas de Amanecer Dorado».
A vindeira sesión de cine será o xoves 21, coa peza «El Gran Hackeo». O ciclo rematará cunha proxección sorpresa o xoves 28.
PROBLEMAS GLOBAIS
O concelleiro de Cultura na Pobra, Ricardo Rodicio, salientou que este ciclo de cine «quere analizar problemáticas globais que nos afectan», logo de ter adicado anteriores programacións a temas máis próximos ao rural galego.•