Unha nova aplicación móbil recolle case 2.500 puntos de interese da provincia

• Na primeira sesión que celebra neste mandato, o Consorcio de Turismo da Deputación aprobou máis medidas do Plan Estratéxico

Imaxe da reunión do Consello de Turismo, celebrada na sede da Deputación de Lugo o 30 de outubro. GPDL

Dende comezos deste mes, a Deputación ten activada unha aplicación móbil con información turística sobre case 2.500 puntos de interese da totalidade dos municipios lucenses. Segundo explicaron os responsables provinciais, esta ferramenta tecnolóxica busca atraer máis visitantes e mellorar a súa experiencia na provincia.

PATRIMONIO, PAISAXE E PLANS PARA COÑECER A PROVINCIA COA APP
A aposta polas novas tecnoloxías como vehículo de promoción turística foi un dos aspectos tratados na reunión do Consello de Turismo provincial. Na xuntanza, a primeira que se celebra neste mandato, o presidente da Deputación, José Tomé, salientou a idoneidade de empregar as novas tecnoloxías para mellorar a difusión e o acceso á información turística. Así mesmo, a deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García, explicou que esta nova aplicación inclúe elementos patrimoniais, paisaxes “e ata plans para aproveitar dunha forma máis eficiente a visita”.

ACTUALIZACIÓN CONSTANTE
García salientou que a aplicación estará en actualización permanente “en colaboración cos concellos, para achegar a información o máis actualizada posible”.
VIAXES TEMÁTICAS, POR MUNICIPIOS E POR XEODESTINOS
Esta app, que funciona a través da plataforma INVENTRIP, ofrece aos usuarios a posibilidade de escoller varios itinerarios. A oferta inclúe un trazado por cada municipio lucense, un itinerario xenérico por cada xeodestino, e unha serie de viaxes deseñadas cun tema específico.
A app turística da Deputación de Lugo pode descargarse en dispositivos con sistema Android ou IOS, ou directamente a través da páxina web https://inventrip.com/deputacionlugo/.•

NOVO PREMIO LUGO CAMBIA E PULO AO COUREL COMO DESTINO TURÍSTICO

• Na sesión, o Consorcio Provincial de Turismo aprobou as bases do novo premio «Lugo Cambia», que terá unha modalide de gastronomía lucense, e outra de turismo en xeral. Os premios, que se convocarán xa en 2020, recoñecerán o traballo de persoas, entidades ou institucións en favor do fomento da promoción turística da provincia, e actuacións innovadoras no ámbito da hostalería.

FORMACIÓN DE PROFESIONAIS E ACTIVIDADES ADICADAS A ESCOLARES PARA PROMOVER O COUREL COMO DESTINO CIENTÍFICO
Outra das medidas que se aprobaron na reunión do Consorcio Provincial inclúe un paquete de actuacións para consolidar Os Ancares e O Courel como destino científico. Por unha banda, impartirase formación específica aos profesionais que traballan directamente cos visitantes, para que dispoñan de recursos cos que promover axeitadamente o patrimonio destes espazos. Por outra, vaise deseñar un programa anual de actividades, e accións concretas para os escolares.
Na reunión, repasáronse as iniciativas postas en marcha na promoción destes espazos. Polo de agora, o Consorcio levou a cabo, entre outras, un programa de rutas da ciencia, e organizou unha Xornada de Turismo Científico na Estación Científica de Seoane, ademais de sesións para profesionais e a certificación das montañas como destino de turismo científico. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Primeiras actuacións nas estradas provinciais pola neve

Seguinte Nova

O Concello da Pobra propón cine para pensar, con proxeccións todos os xoves de novembro

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: