Aprobados arranxos en 7,4 quilómetros da estrada provincial de Monforte a Brollón

• O importe total, de 264.000 euros, inclúe tamén obras na LU-P-4702 entre Vilachá e A Estación

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, no anuncio das obras na estrada LU-P- 3203 e na LU-P- 4702, a finais de decembro. GPDL

A Deputación anunciou novas melloras na rede de estradas da zona sur. A finais de decembro, o organismo provincial adxudicou obras nas estradas LU-P-3203 e LU-P-4702, por un importe global de 264.000 euros.

TREITO DE MONFORTE A VILACHÁ-ROZABALES
Os traballos, segundo explicaron os responsables provinciais, abranguen case 7,5 quilómetros do vial que une Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón, así como un quilómetro e medio da estrada que comunica Vilachá coa Estación, na Pobra do Brollón.
No primeiro caso, as actuacións mellorarán o tramo en T que une Monforte con Vilachá-Rozabales, «a vía de acceso de toda a veciñanza desa zona para ir a Monforte a diario para o seu traballo, compras ou xestións», apuntou o deputado de Promoción Económica, Pablo Rivera.
Os traballos, que deberán estar rematados en seis meses, inclúen a reapertura e limpeza de cunetas, a mellora da drenaxe, a pavimentación e a sinalización horizontal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober estrea catro novas zonas de lecer en parroquias

Seguinte Nova

Aberta a inscrición de reservas para os catamaráns da Deputación

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: