O 2020 dirá adeus ás zonas sen cobertura de internet no rural de Sober

• Neste ano, estenderase a instalación de fibra óptica ás 22 parroquias soberinas

Internet permitirá un mellor desenvolvemento da actividade económica e da calidade de vida no rural. GPCS

As 22 parroquias de Sober contarán con fibra óptica este ano. Logo de que se completara a instalación na capitalidade en 2019, a extensión desta infraestrutura dixital a todo o rural efectuarase en 2020. Deste xeito, e segundo explicaron dende o Concello, garantirase o acceso a internet de calidade, cunha velocidade entre 50 megas e un xigabyte, dende calquer punto do municipio.
O alcalde, Luis Fernández Guitián, cualificou este paso como “unha extraordinaria noticia para comezar o ano”. O rexedor soberino puxo de relevo a importancia desta cobertura “tendo en conta as necesidades das máis de 30 adegas do concello amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra”, así como “os preto de 40 establecementos de turismo rural e outras empresas” con sede en Sober.
A extensión polo municipio da fibra óptica forma parte do Plan de Banda Larga de nova xeración, no que colaboran a Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Poesía, crimes ilustres e segredos da historia recente encheron a axenda do Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Aberto o prazo de recepción de ideas para o cartel da XL Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: