Preto dunha trintena de adestradores de toda Galicia participaron en Sarria no clinic de baloncesto que impartiu o ferrolán Antonio Pérez Caínzos. O adestrador conta con experiencia en ACB, LEB Ouro e na selección chinesa. A actividade, organizada polo CB Sarria e o Concello, tivo o apoio da Federación Galega e a Vicepresidencia da Deputación.•