A exposición itinerante «O Fin do Camiño» fixo parada en Triacastela

A mostra xa se puido ver noutras localizacións do Camiño Francés, como Sarria, Samos ou Paradela. (Foto: cedida Colectivo Egeria)

Na primeira quincena de febreiro, fixo parada en Triacastela a exposición itinerante «O fin do Camiño», unha iniciativa do Colectivo Egeria dentro do programa «O Teu Xacobeo» da Xunta de Galicia.

PERCORRIDO ANTERIOR POR SARRIA, SAMOS E PARADELA
A mostra, que xa percorreu outros enclaves do Camiño Francés, como Sarria, Paradela ou Samos, ofrece un itinerario gráfico composto por fotografías de dous importantes fotógrafos galegos, Eduardo Ochoa e Carlos Puga, que ofrecen outras olladas desta ruta xacobea, ben diferentes das visións turísticas e centradas nos aspectos humanos e monumentais.

O presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, organizador da mostra, e a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, na apertura da exposición, o pasado 5 de febreiro. (Foto: cedida Colectivo Egeria)

GLOSAS DE AUTORES UNIVERSAIS SOBRE O CAMIÑO
As imaxes van acompañadas por glosas que sobre o Camiño de Santiago compuxeron escritores universais, como Dante, Frei Luis de León ou Cervantes, ademais de autores máis recentes, como Machado, Cunqueiro, Torrente ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros.
O CAMIÑO FRANCÉS, UN MILLÓN DE PASOS PARA UN ROTEIRO INTERIOR
Os temas aos que remiten as fotografías de Ochoa e Puga son diversos, e abranguen dende o millón de pasos que supón o Camiño Francés, a peregrinación en soidade ou en multitude, os peregrinos singulares e anónimos, ou a fe como motor para botar a andar este camiño.
A mostra tamén reflexiona sobre os máis de mil anos deste roteiro espiritual e cultural, a procedencia dos peregrinos, ou o camiño interior como reflexo do roteiro exterior. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte estrea bus urbano gratuíto, xeolocalizable e accesible

Seguinte Nova

Descubren pinturas murais inéditas durante a restauración da igrexa de San Vicente

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: