Coidadores de persoas con dependencia aprenderon a mellorar a súa propia calidade de vida nun curso en Monforte

•Os participantes valoraron como «moi positivo» este obradoiro, organizado polo Concello para os usuarios do SAF municipal

O obradoiro, impartido pola psicóloga clínica Andrea Taboada, celebrouse o 29 de xaneiro no Centro Cívico do Malecón. GPCM

O Concello de Monforte organizou, a finais de xaneiro, un obradoiro destinado aos coidadores de persoas con dependencia beneficiarias do servizo de axuda no fogar municipal. A sesión, impartida pola psicóloga clínica experta nesta área, Andrea Taboada, estivo coorganizada coa empresa que xestiona este servizo municipal.

COIDAR AO COIDADOR
Dende o Concello explicaron que o fin deste obradoiro foi amosar aos coidadores diversas estratexias para canalizar a responsabilidade e atencións que supoñe ter un dependente ao seu cargo, para poder xestionar as emocións e lograr unha mellor calidade de vida para o familiar coidador. A sesión, de carácter teórico-prático, permitiu detectar as diversas barreiras psicolóxicas e os problemas cotiás máis frecuentes, e ofrecer técnicas para a súa xestión.
Segundo informaron os responsables municipais, os participantes consideraron o obradoiro «moi positivo», xa que lles permitiu compartir experiencias con outros coidadores que están a vivir problemáticas similares.

UNHA DAS MELLORAS DO CONTRATO DA CONCESIONARIA
Dende o Concello salientaron que este obradoiro está incluído nas melloras voluntarias contempladas no contrato de servizo e ofertadas pola empresa concesionaria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta convoca axudas por 26 millóns de euros para modernizar a transformación de produtos agrarios

Seguinte Nova

ViaGalicia volveu escoller Pantón como capital do emprendemento

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: